Tuesday 23 de April de 2024

Thais Palla encabezará a candidatura de Alternativa dos Veciños en Culleredo


Indrani Thais Palla Maceiras, natural de Alvedro e licenciada en Dereito, ocupará o primeiro posto na lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Culleredo. Muller fortemente comprometida política e socialmente co seu municipio, a nivel profesional dedícase á resolución de conflitos mediante vías alternativas a xudicial e á divulgación e formación de habilidades para que a comunicación, as relacións humanas e o entendemento entre as persoas poida realizarse desde canles de comunicación construtivas.

Alternativa dos Veciños renovará a candidatura no Concello de Culleredo con persoas con ganas de dignificar a política local, aportando verdade, transparencia e escoita a ciudadanía.

“Culleredo é un Concello repleto de oportunidades. Cremos que o progreso debe de ir da man de cuestións tan importantes como o respecto polo medio ambiente, a sostenibilidade, a igualdade de oportunidade, as políticas de inclusión e conciliación; sendo para todo isto imprescindible unha escoita real e próxima das necesidades dos veciños e veciñas”, dixo a candidata á alcaldía Thais Palla.